martes, 30 de enero de 2024

TRAXECTORIA PROFESIONAL: Próxima apertura extraordinaria graos I y II

Grazas ás continuas peticións formuladas polo sindicato STAJ para que se abrise de novo a traxectoria profesional, este ano vaise a proceder á apertura extraordinaria dos graos I e II da traxectoria profesional para as persoas que estaban destinadas fóra de Galicia, e tamén para aquelas que por falta de soamente uns meses quedaron sen poder cumprir os requisitos necesarios para solicitar estes graos.

-Efectos económicos: Dende 1 de abril de 2024 e do 1 de xaneiro dosa restantes anos.

-Data requisitos necesarios: 31/03/24.

-Prazo solicitudes: 30 días hábiles no lugar de 15.

-Grao I: 40 horas de cursos de formación continua+5 anos de servizos prestados a 31/03/2024.

-Grao II: Ter recoñecido o grao I+40 horas cursos de formación continua+11 anos de servizos prestados a 31/03/2024.

- En 2024 o 33 %

- En 2025 o 66 %

- En 2026 o 100 %

Cadro coas contías por corpo e grao

CORPO

COMPLEMENTO TRAXECTORIA PROFESIONAL POR GRAO

Auxilio Xudicial

87,66 ao mes por grao completo

Tramitación P.A.

103,29 ao mes por grao completo

Gestión P.A.

160,126 ao mes por grao completo

Médicos Forenses

228,85 ao mes por grao completo

O persoal interino percibirá o complemento da traxectoria profesional ata o momento do cese. De ser nomeado de novo persoal interino nesta administración, seguirá a cobrar o grao ou graos que tivera recoñecidos.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras