Na intranet figura a seguinte información:
Se
tes que participar na xestión de sorteos do xurado popular e precisas repasar
os teus coñecementos sobre a aplicación SORXUR, inscríbete nas próximas sesións
que impartiremos en liña en directo. A capacitación diríxese a LAXs e corpos de
auxilio xudicial que desenvolven a súa función nas audiencias provinciais.
Realizarase unha primeira sesión sobre a xestión de sorteos e unha segunda sobre a xestión de postsorteos. Ambas as sesións ofrecen a posibilidade de que participes na franxa horaria que máis che conveña: de 9:30 h a 11:30 h ou de 12:00 h a 14:00 h.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras