Dende a
Dirección Xeral de Xustiza convócase Mesa de Formación do persoal ao servizo da
Administración de Xustiza en Galicia (videoconferencia) na seguinte hora e data
indicada:
· DATA: VENRES 27/10/2023
· HORA: 9.30 H
Orde do día:
1.- Planificación do programa específico de formación continua da EGAP do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
2.- Rogos e preguntas.
Propostas da DXX:
● Eliminar os cursos impartidos no ano 2023 con baixa taxa de demanda. (En todo caso, con taxa de demanda inferior a 1).
● Aumentar o número de edicións nos cursos do ano 2023 con taxa de
demanda de 2 ou máis.
● Reducir o número de edicións nos cursos do ano 2023 que tiveron dúas
edicións pero que a taxa de demanda non xustifique manter ditas edicións para o
ano 2024.
● Eliminar cursos que se impartiron durante varias edicións e que unha
previsible reforma legal recomende non mantelos na proposta para o ano 2024.
● Introducir cursos novos que se xustifiquen pola aprobación de nova
normativa de importancia para o persoal segundo o seu posto de traballo: nova
lexislación e aplicación de rexistro civil, a investigación penal no Ministerio
Fiscal, etc