En relación á avaliación do coñecemento das linguas oficiais propias recollida na Orde JUS/1254/2022, de 7 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso, polo sistema Xeral de acceso libre, aos Corpos de Xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, e unha vez publicada a data e lugar para a realización da proba, polo Tribunal Calificador Único, INFÓRMASE:
- A avaliación do CELGA 4 consistirá nunha proba composta de dúas partes, unha parte escrita e outra oral sobre un texto.
- A avaliación da linguaxe xurídica, tanto de
nivel medio como superior, avaliarase a través dun exame tipo test. Unha
vez rematado o test haberá que, para o nivel medio, traducir un texto, e
para o nivel superior, redactar un documento.
En todos os casos a calificación das probas será de APTO/A ou NON APTO/A.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras