STAJ acaba de presentar escrito na Dirección Xeral de Xustiza alertando da situación na que se encontra a Fiscalía Provincial de Ourense esixindo a creación de dúas prazas de consolidación e a regularización da praza da adscripción de Verín, recentemente eliminada da convocatoria do concurso de traslados.
A fiscalía de Ourense conta con unha plantilla de 17 fiscais. A plantilla de funcionariado (xenérica) en Ourense é de 10 persoas. É a provincia máis infradotada de todas as fiscalías de Galicia.
Hai varios reforzos que van cumplir os 3 anos nas vindeiras semanas, prazas de imprescindible creación, dado que como xa é evidente, non foi unha acumulación de traballo, o traballo cada vez vai a máis e a necesidade de creación destas prazas é estructural, como é obvio, non ocasional despois de tres anos levando unha carga de traballo importante neste posto.
Na Memoria de 2023 emitida polo Fiscal Superior de Galicia publicada recentemente na páxina web del Ministerio fiscal, trasladouse nesta Comisión a situación de necesidade desta Fiscalía, sen que ata a data a Dirección Xeral acometera ningunha actuación relativa ás cuestións plantexadas.
Ourense é a única Fiscalía na que non hai creada ningunha praza xenérica de xestión procesual.
A Fiscalía Provincial de Ourense abrangue o traballo da TOTALIDADE dos partidos xudiciais da provincia: A Pobra de Trives, Celanova, Ourense, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Ribadavia, Bande, Verín y Xinzo de Limia. Ademáis, a provincia de Ourense é a provincia coa poboación máis envellecida de todo o estado Español co 31,84% da súa poboación maior de 64 anos. Esta circunstancia ten unha estreita vinculación co traballo nas fiscalías (internamentos, etc…), apoiado por unha memoria do Fiscal Xeral do Estado do ano 2016 “la presencia del Ministerio Fiscal ante este colectivo es fundamental por el grado de desamparo en el que el mismo se puede encontrar (el mayor) y el Fiscal ha de velar por el respeto máximo de sus derechos fundamentales con todas las garantías de la ley.”
Por todo isto solicitamos o incremento de dúas prazas (unha de las de Xestión) por consolidación e a regularización da praza que pertencía á Adscripción de Verín
Preme aquí para ver o escrito presentado
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras