No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023 pola que se convoca o Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito de prevención de riscos laborais.
Prazo de presentación de solicitudes: 25 de agosto ao 3 de septembro de 2023.
Presentación de solicitudes: só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras