No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN
do 4 de agosto de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de
riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador
por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da
prevención de riscos laborais.
Prazo de presentación de
solicitudes: 18 ao 27
de agosto de 2023.
Presentación de solicitudes: só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras