O pasado venres día 10 de marzo remitimos escrito pola sede electrónica á Dirección Xeral de Xustiza, solicitando a centralización dos denominados poderes "Apud Acta" nun só servizo.
Como sabedes, ata agora, os “apud acta” preséntanse telemáticamente nas propias oficinas xudicias onde se levan os procedementos nos que se están a postular como partes.
No referente aos poderes de fóra, actualmente aprobouse que se establecera un turno mensual entre os xulgados da xurisdicción correspondente, de modo que moitas veces os cidadáns teñen dúbidas de a qué xulgado dirixirse.
As dúbidas suscitánse igualmente entre os procuradores que tampouco teñen claro cal é o xulgado a quen lle corresponde ese mes o outorgamento de poderes.
Por todo o exposto, dende o STAJ consideramos que esto podría solucionarse coa creación dun servizo propio con persoal exclusivo, e por iso SOLICITAMOS a creación dun servizo de otourgamento de poderes apud acta que funcione con cita previa nos Xulgados das sete grandes cidades de Galicia.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras