Tal como se nos informou na pasada mesa sectorial, desde xa, o Laj poderá solicitar formadores para xente sen experiencia que cheguen os xulgados. Isto é algo largamente solicitado desde STAJ (achegamos escrito presentado no ano 2021) polo cal estamos moi satisfeitos co conseguido.
Os Lax deberán facer o seguinte: a petición debe vir a través da solicitude de prolongación de xornada habitual. A xustificación do/a LAX, debe ser precisamente a da formación especificando de forma detallada a razón pola que se debe formar ao funcionario/a e a persoa que debe optar esa prolongación (debendo elixir se hai máis de un solicitante).
No suposto de que xa se estea a disfrutar dunha prolongación, non está previsto na regulación das prolongacións de xornada que se poidan compatibilizar dúas por mes, así que nese caso habería que contar con outra persoa do xulgado para facer a prolongación ou a formación, é dicir, non se pode ser formador se xa se disfruta dunha prolongación de xornada.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras