Noxe publícase no
DOG a RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos sobre
tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica
e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da
Administración institucional e para o persoal ao servizo da Administración de
xustiza de Galicia.
Requisitos das persoas
participantes
Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta
resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración
institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as
bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa,
tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de
xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en
situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso
por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os
requisitos establecidos nesta convocatoria.
Solicitudes e prazos
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte
ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 27 de
marzo de 2023.
As solicitudes de
participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o
formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo
<https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio
do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de
finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete
correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos
que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase
a tres.