jueves, 16 de marzo de 2023

EGAP: Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

 Requisitos do persoal participante

Poderán participar nesta actividade formativa os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 27 de marzo de 2023.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

 Criterios de selección

 Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas, tendo prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite ao enderezo <issga.cursoprl@xunta.gal> dentro do prazo de presentación de solicitudes) e reservarase o 50 % das prazas do curso ao persoal empregado público.

Nome do curso: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.

Modalidade: teleformación.

Duración: 60 horas edición.

Edicións: tres.

Datas: do 18 de abril ao 16 de xuño de 2023.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras