Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así para o persoal da Administración de xustiza de Galicia.
O As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de abril de 2023.
As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete o proceso de matriculación. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de
presentación de solicitudes limítase a dous.
Non
está permitida a realización de actividades de formación que teñan
simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou
telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi
seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa
foi seleccionada/o, debe renunciar a un deles.
No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito