miércoles, 1 de febrero de 2023

Traxectoria Profesional Xestores e Medicos Forenses Grao II: prazo de solicitudes e pasos para solicitala

Mañán  día dous de febreiro comeza o prazo de presentación de solicitudes do grao II do corpo de xestión procesual e administrativa e de médicos forenses convocado pola Resolución do 17 de novembro de 2022  rematando o día 22 de febreriro .

A continuación explicamos os pasos para solicitala: 

SEIS SINXELOS PASOS PARA SOLICITALA

PASO 1. Abro OPAX e selecciono Traxectoria Profesional


PASO 2.- SELECCIONA  GRAO II.

PASO 3.- SELECCIONA A DATA CONVOCATORIA : ..2023

PASO 4. PULSA BUSCAR e seguidamente CREAR o que vos sitúa na instancia cos datos que lle constan a Administración xa precargados. Si che siñala a instancia que cumpres cos requisitos, comproba que todo é correcto e asina e envia a solicitude. 

PASO 5. Como xa vos comentamos os cursos de formación continuada ou de galego xa deberían aparecer precargados.No caso de que non aparezan precargados e precisedes aportar cursos polo número de horas mínimo (80 horas, e decir, 40 horas máis que as que se aportaron para o GRAO I) tendes que anexar/adxuntar a documentación pertinente en PDF. 

PASO 6. Cando rematedes, firmar enviar.

Quen non se atope no seu posto de traballo durante o periodo de presentación de instancias  (por estar de baixa ou noutra circunstancia que xera dereito a solicitala…), pode crear a solicitude a través do OPAX en calquera ordenador, pero precisa dun certificado electrónico ou lector de tarxeta ou DNI electrónico para envialo así como contar coa aplicación AUTOFIRMA


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras