STAJ MANDOU ESCRITO A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA E A XUÍZ DECANA COA LITERALIDADE SEGUINTE:
Dende a entrada en vigor do Real Decreto-Ley 14/2022 de 1 de agosto, que limita a un máximo de 19º centígrados a temperatura do aire nos edificios e oficinas públicas, no novo edificio xudicial da Parda en Pontevedra, os funcionarios/as están a pasar frio, e dende fai un mes a situación e insoportable, debido a baixada das temperaturas e sobre todo pola mañan cedo.
O sistema que ten o edificio para caldear as oficinas apagase automáticamente pola tarde e non se encende ata que o fai o primeiro dos funcionarios/as chega as instalación, non antes das sete e media da mañan. A esa hora o termostato, despois de levar apagado o sistema toda a tarde do día anterior e toda a noite, non supera os 14 graos, e non chega alcanzar os 19 que marca a normativa as 11 ou 12 do mediodía, dependendo si á oficina lle da o sol xa a mañan ou non lle da ata a tarde. A situación volvese aínda máis extrema os luns, despois de que durante o fin de semana o sistema estivese apagado e a temperatura nas oficinas apenas alcanzen os 12 graos.
Xa de por sí a temperatura de 19 graos é insuficente para traballar, comodamente, sentado diante dun ordenador e sen moverse da silla, e se non garantizamos que esa temperatura se alcanza dende a entrada ao posto de traballo e durante toda a xornada laboral, a situación incomodidade e malestar absolutos, que obriga a traballar con abrigos e bufandas e coas mans e os pes frios, ademáis de afectar a saúde e aumentar problemas catarrais e gripais. Lembremos que as oficina xudiciais son espazos abertos e construids con moito cristal e outro materiais frios e pouco aislantes térmicos.
Ante esa situación que afecta ao benestar e a sáude os traballadores/as debese actuar rápido e garantir que os 19º se alcanzan a entrada a se manteñen durante toda a xornada laboral, tódolos días da semana, luns incluidos, polo que SOLICITAMOS que de inmediato se busque a fórmula para que esa temperatura sexa constante nos postos de traballo ou nos veremos obrigados a denunciar esta situación ante inspección de traballo se nas próximas datas non se resolveu este problema.