martes, 24 de enero de 2023

Recurso de alzada contra a limitación de prazas no garaxe de Vigo.

Como todos coñecedes, o Decano mediante Acordo de muto propio, decidiu reservar un número de prazas para fiscais, maxistrados e letrados, concretamente 39.

A esta cuestión, manida xa noutras localidades, tratóuselle de poñer remedio con anterioridade ao comezo do traslado dos órganos xudiciais, falando coa DXX e proba diso é o escrito remitido polo presidente da Xunta de Persoal o 20 de abril de 2022 Julián González, onde se facía constar expresamente que a competencia para a repartición de prazas de garaxe corresponde ás Comunidades Autónomas, sendo a DXX en virtude do Real Decreto 2166/1994 a única que podería facelo.

Independentemente de todas as consideracións que podamos facer sobre a conveniencia de reservar unhas prazas de garaxe a favor duns corpos en detrimento de outros queremos sinalar expresamente que o Regulamento 1/2000 dos Órganos de Goberno de Tribunais sinala no seu apartado:

As actividades alleas á función xudicial en edificios xudiciais ou as súas dependencias non se  poderán levar a cabo sen chegar a acordo da Sala de Goberno, ou da Administración á que corresponda a titularidade do inmoble e o das demais Administracións con competencia concorrentes, se as houber. En caso de discrepancia, o asunto será examinado pola Comisión Mixta correspondente, que formulará as propostas que estime oportunas.

Visto o anterior entendemos que existe unha nulidade radical do Acordo ditado polo Decano por realizarse por órgano incompetente e prescindir , total e absolutamente do procedemento legal establecido.

Todo iso avalado por sentenzas do TS ( 31 de marzo de 2011, 8 de febreiro de 2012) e sentenza do STJ de Canarias onde figuraba en calidade de codemandado o sindicato STAJ obriga á Xunta de Persoal da Administración de xustiza a interpoñer RECURSO DE ALZADA ante o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Ver escrito presentado por a Xunta de Persoal no CGPJ:

Xustificante de presentación

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras