lunes, 23 de enero de 2023

Instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2023.

Publicouse no DOG a ORDE do 19 de xaneiro de 2023 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2023.

Sexta. Retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia

1. De acordo co disposto no artigo 24 da Lei 6/2022, do 27 de decembro, o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñe as súas funcións no ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia percibirá as retribucións previstas na Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023.

2. No anexo XVII recóllense as contías das retribucións establecidas na Lei 31/2022, do 23 de decembro, así como as contías dos complementos recoñecidos en virtude de normativa específica.

3. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2023, o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o complemento adicional da traxectoria profesional previstos no Acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020 e no Acordo do Consello da Xunta do 3 de novembro de 2022 percibirá os seguintes importes mensuais:


As anteriores cantidades son por grado.

Este complemento percibirase en 12 mensualidades.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras