martes, 27 de diciembre de 2022

STAJ solicita un reforzo para o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Monforte de Lemos

Dende o xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Monforte de Lemos pediuse persoal de reforzo pola Letrada da Administración de Xustiza de dito xulgado, petición que é apoiada por este sindicato sabedor da necesidade dunha persoa do corpo de xestión procesual e administrativa, xa que este órgano leva o Decanato e Violencia de Xénero, e motivado pola carga de traballo que soporta, ademáis de que o volumen de asuntos que entran neste xulgado vai en aumento e tendo en conta que dito Xulgado ten un funcionari@ menos que o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Monforte de Lemos.

Por todo isto SOLICITAMOS que se dote a este xulgado con carácter urxente dun/una funcionario/a de reforzo do corpo de xestión procesual e administrativa e que se consolide dito reforzo, xa que como dixemos anteriormente, e un órgano que conta con Decanato e Violencia de Xénero, sendo insuficiente a plantilla da que se dispón actualmente.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras