O pasado venres día 2 de decembro tivo lugar ás 10.00 horas da mañá na sede do edificio xudicial da Rúa Monforte da Coruña unha Concentración convocada polos sindicatos da Administración de Xustiza STAJ, CCOO, UXT e CIG, aos que se uniron CSIF, para denunciar que o Ministerio está vulnerando o dereito á negociación colectiva dos funcionarios de dita Administración sobre a nova Lei de Eficiencia Organizativa, que afectará de cheo ás súas condicións de traballo. De esta maneira, decidiron incrementar as movilizacións nos principiais centros de toda España e non descartan a convocatoria de folga se non se atenden ás súas reivindicacións.
Denunciamos que o proxecto de Lei de Eficiencia Organizativa non avala os actuais centros de destino nin as retribucións e demais dereitos laborais xa conseguidos, puidendo supoñer unha importante reducción de postos de traballo así como a supresión de servizos que presta a Administración de Xustiza. Os sindicatos afirman que este proxecto de Lei permite a movilidade funcional e xeográfica do persoal e a asignación de funcións correspondentes a outros centros de traballo distintos do elexido e asignado con anterioridade.
Enrique Araújo, do sindicato STAJ, alegou que "están en contra de que non se negocien as condicións de traballo, que van a supoñer un cambio brutal". "Cámbiase totalmente e isto afecta directamente ao xulgado, pasando a tribunais de instancia de cada localidade, se quere cambiar sen ningún tipo de negociación", critica, á vez que chama á unión sindical frente a este asunto: "É unha inxusticia tan grande que debemos estar todos unidos".
Fonte: elespanol.com
CONCENTRACIÓN NA CORUÑA
Os distintos medios de comunicación foron partícipes das concentracións convocadas nos principais centros de traballo de toda España.
Seguemento das concentración nos medios:
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras