miércoles, 21 de diciembre de 2022

Días de libranza gardas 24 e 31 de decembro

Ante as numerosas consultas que nos estades a facer sobre os días que corresponden de libranza por facer garda os días 24 e o 31 de decembro, lembramos o se que regulan nos apartados e) e f) do artigo 18 da ORDE do 18 de xuño de 2014 sobre os horarios e o calendario laboral das  oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2014: 

Artigo 18: asuntos particulares: 

e) O persoal funcionario que estea de garda o día 24 de decembro ou o día 31 de decembro, agás que coincidan en sábado ou domingo, terá dereito a un día máis

Cando o día 24 e 31 de decembro coincidan en sábado ou domingo, este permiso incrementarase en dous días máis.

f) Incorporarase un día adicional de asuntos propios por cada unha das festividades laborais de ámbito  nacional de carácter retribuido non recuperable e non substituible pola comuniade autónoma, cando coincidan en sábado no devandito ano. 

Polo que este ano, ao cadrar o día 24 e 31 de decembro a sábado, non hai dereito a librar a garda ningún día por este motivo. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras