martes, 29 de noviembre de 2022

MOBILIZACIÓN O 2 DE DECEMBRO CONTRA A LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA

CONCENTRACIÓN DE PROTESTA O VENRES 2 DE DECEMBRO AS 10:00 HORAS

NOS XULGADOS DA CORUÑA

O Ministerio pretende:

• Reducir os centros de destino e a mobilidade a outros centros de traballo distintos daquel en que se está destinado e, polo tanto, asignar funcións diferentes ás designadas ao teu posto actual de traballo.
• Transformación automática dos cadros de persoal actual nas futuras unidades sen
negociar.
• Desempeño conxunto de diferentes postos de traballo adscritos a diferentes Relacións de Postos de Traballo.
• Non ter a posibilidade de escoller como centro de destino á MUGEJU.
• Dilatar no tempo a confección das relacións de postos de traballo.


Todo isto ten as seguintes consecuencias:

• Reducirase a mobilidade funcional e xeográfica así como postos de traballo e servizos que presta a Administración de Xustiza e a posibilidade de que se nos remova polo superior xerárquico, sen que se tenga en cuenta o noso escalafón.
• Non se aseguran os nosos dereitos e condicións laborais. 
• Baleirase de contido á carreira profesional que, sen dúbida, ten que estar baseada na especialización laboral e na permanencia do posto de traballo.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras