viernes, 18 de noviembre de 2022

Convocada a Traxectoria Profesional no DOG: prazo de presentación de solicitudes e pasos para solicitala

Hoxe publícase no DOG a convocatoria da Traxectoria Profesional en Galicia  que abre o prazo para solicitar o Grao I (para os catro corpos) e o II (para auxilios e tramitadores) de 15 días hábiles a contar dende o luns (dende o 21 de novembro ata o 13 de decembro


A continuación explicamos os pasos para solicitala: 

SEIS SINXELOS PASOS PARA SOLICITALA

PASO 1. Abro OPAX e selecciono Traxectoria Profesional



PASO 2.- SELECCIONA GRAO I ou GRAO II, segundo sexa o teu caso (se tes dúbidas consulta o noso esquema “quén pode acceder ao grao I ou II e requisitos”)

PASO 3.- SELECCIONA A DATA CONVOCATORIA : 18.11.2022

PASO 4. PULSA BUSCAR e seguidamente CREAR o que vos sitúa na instancia cos datos xa precargados, comprobade que todo é correcto. 

PASO 5. Como xa vos comentamos os cursos de formación continuada ou de galego xa deberían aparecer precargados. No caso de que non aparezan precargados e precisedes o número de horas mínimo (40 para o grado I ou 80 para o Grao II) tendes que anexar/adxuntar a documentación en PDF. 

PASO 6. Cando rematedes, firmar e enviar.

Quen non se atope no seu posto de traballo durante o periodo de presentación de instancias  (por estar de baixa ou noutra circunstancia que xera dereito a solicitala…), pode crear a solicitude a través do OPAX en calquera ordenador, pero precisa dun certificado electrónico ou lector de tarxeta ou DNI electrónico para envialo así como contar coa aplicación AUTOFIRMA

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras