jueves, 27 de octubre de 2022

Traxectoria Profesional: novo borrador para negociar mañán.

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitirnos o novo borrador da Traxectoria Profesional que negociaremos mañán venres a 13 horas na Mesa Sectorial e, polo que podemos observar, á Administración asumiu parte das nosas propostas de mellora e das alegación ao primeiro texto que lles mandamos hai un par de días por mail.

Ao fondo desta información podesde atopar o primeiro borrador, mais o texto completo das nosas propostas e alegacións que lle remitimos o pasado martes e o novo borrador cos melloras que nos acaban de mandar. Intentaremos mañan, na Mesa de negociación, sacar adiante máis melloras das propostas por este sindicato.

A Dirección Xeral asumiu, neste novo texto, algunhas melloras ao texto inicial  que STAJ lles propuxo no escrito de alegacións, deixamos as máis relevantes

.- Na base Primeira recollese o que pediu STAJ, que figure que é aplicable a funcionarios interinos e funcionarios de carreira ou titulares, nos dous acordos aneriores so era aplicable a funcionarios de carreira, e no primerio borrador salo falaba de funcionarios a secas. STAJ propuxo que se reflexara funcionarios interinos e funcionaro titulares ou de carreira tal como figura agora.

.-  Neste novo borrador, tal como solicitamos desaparecen as palabras na Base Primeira de “permanencia continuada e ininterrumpida” e na Base Oitava  punto 1a) “ once anos ininterrumpidos de antigüidade” e no punto 1b) “ cinco anos ininterrumpido de antigúidade” palabras estas de ”continuada e ininterrumpida” que perxudicarían a interinos que non traballan de continuo e titulares que disfrutasen determinadas licenzas ou excedencias.

.- Ao Xestores e aos Medicos Forenses xa se lles recoñece no primeiro borrador 3 anos de permanencia no Grao II, nos acordos anteriores eran 4, esta foi unha das reivindicacións de sempre de STAJ, incluso presentamos demanda no TSXG por este motivo, e aínda que foi desestimado este punto polo Tribunal por considerar que non era discriminatorio, si  que sempre foi unhas das cousas contra as que loitamos con mais forza porque non existía razón, salvo a económica, para esta diferenza de trato.

.-  Outra proposta de STAJ que a Dirección Xeral acolleu é que os meritos para xestores e médicos forenses, para acceder ao grao II, neste novo borrador están referenciados a 31/12/2022. No primeiro borrador estaban a 31/12/2021, o que restaba un ano para poder cumprir os méritos e deixaba fora a moitos compañeiros que a 31 de decembro do ano pasado non cumprían cos anos de servizos ou non tiñan os cursos necesarios. Ademáis non tiña sentido si o acceso ao Grao II destes dous corpos non é posible ata o 1 de xaneiro de 2023.


Propostas STAJ

Novo borrador


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras