viernes, 21 de octubre de 2022

Traxectoria Profesional: Alegacións de STAJ

Onte STAJ estivo na negociación con tódolos sindicatos da mesa Sectorial de Xustiza tratando o acceso polo sistema extraordinario de encadramento nos graos I e II e o no acceso ao sistema ordinario de encadramento ao grao inicial.

En base ao Borrador da resolución que vai regular os accesos, STAJ formulou oralmente na Mesa de negociación algunhas das alegacións e melloras ao texto, pero por o Director Xeral se nos diu aos sindicatos prazo ata o mercores 26 para achegarlles as alegación ao texto por escrito, para despois rematar a negociación con outra reunión. Deixamos un extracto das alegacións máis importantes que remitirá STAJ por escrito, e para que se entendan mellor as nosas alegacións deixamos o texto proposto para a súa negociación que xa vos facilitamos o luns. ALEGACIÓNS STAJ.

1.- Pedimos que se teña aberta de continuo a posibilidade de solicitar o acceso á traxectoria profesional, non solo no prazo marcado en cada resolución que regula cada grao da mesma. Deste xeito moit@s compañeir@s que non cumpren os requisitos durante ese prazo tan curto, poderían acceder ao seu cobro inmediatamente despois de cumprir os requisitos de antigüidade ou de cursos exixibles, sen necesidade de esperar sen o recoñecemento e sen cobrar dous, tres e catro anos segundo o grao ao que puidese optar.

2.- Solicitamos que se  modifique o texto do borrador para que aos funcionarios interinos se lle aplique a mesma normativa que o persoal funcionario titular da Admón de Xustiza, que é onde traballan, e non se lles aplique a normativa que regulará, aínda non se aprobou, a carreira profesional para o persoal interino da Admón Xeral da Xunta de Galicia. Ademáis de ser o xusto, deste xeito evitamos que sufran discriminación o persoal interino de Xustiza si a normativa da Xunta regula peores condicións para eles, ou que sufran discriminación  o persoal titular de Xustiza, si o Acordo da Xunta ten mellores condicións que o de Xustiza.

3.- Na Base Primeira do borrador, falase de que será aplicable ao persoal funcionario dos diversos corpos ao servizo da Admon de Xustiza, quitouse o de “persoal funcionario de carreira” que decían as anteriores Resolucións da traxectoria, dando a entender que esa palabra  inclúe a funcionarios interinos e funcionarios titulares. Pero para que non haxa dúbidas cremos convinte que poña ”persoal funcionario de carreira e persoal funcionario interino”.

4.- Na Base Segunda do borrador di “que para a progresión en grao será requisito a permanencia continuada e ininterrompida do tempo mínimo que se exixe no grao inferior para acceder ao grao superior”. Cremos necesario que as palabras continuada e inintirrompida se eliminen pois son un obstáculo, tanto para titulares que se marchen fora en concursos de traslados e despois volten, como para os disfruten de  determinadas licenzas e excedencias que non te manteñen en servizo activo, e tamén para os interinos que non van pode cumprir con esa permanencia continuada e ininterrrumpida pola natureza dos servizos que prestan  que son de carácter discontinuo.

5.- Pedimos que no acceso por medio do sistema ordinario, que xa teñen que sufrir a permanencia nun grao inicial de 5 anos que non da dereito a retribución, se limite a permanencia en cada un dos 4 graos que dan dereito ao cobro, ao mesmos anos que os que se regulan aos que acceden polo sistema extraordinario para que non teñan que estar 5-6-6 e 7  anos respectivamente antes de poder pasar ao grao superior.

6.- Na Base Oitava cando fala do sistema extraordinario de acceso aos graos I e II o borrador di que “pode acceder ao grao II aquel persoal funcionario que xa teña recoñecido o grao I debe  acreditar 11 anos ininterrumpidos de antigüidade a 31/12/2021”. Pedimos que se elimine a palabra ininterrumpidos, pois afectaría negativamente a aqueles titulares que se fosen no concurso uns anos fora, a quenes promocionen fora de galicia, a quen disfrutase de excedencias que non teñen reserva de praza e ao persoal interino. Non ten sentido que exixan a antigüidade de xeito ininterrumpido, ten que ser suficiente a antigüidade a secas, salvo que sexa para aforrrar cartos unha vez máis.

7.- Que se modifique a Base Quinta para que os que accedan por o sistema ordinario teñan os mesmos criterios de avaliación  que os que acceden polo sistema extrardinario

8.- Pedimos que a permanencia no grao II para poder pasar grao III sexa para tódolos corpos de 2 anos, pagándose o 50% da cantidade total cada un dos anos.

9.- No borrador dice que para os funcionarios dos grupos A1 e A2, que comenzan o segundo grao en xaneiro do ano 2023, os meritos están referenciados a 31/12/2021, debe cambiarse e poñer como referencia a data de 31/12/2022, se non quedaría xente fora por non ter méritos suficientes referenciados á primeira das datas.

10.- Pedimos que se abra ao mesmo tempo que para tramitadores e auxilios, o prazo para solicitar o grao II os xestores e médicos forenses e poidan soliciatr o grao II aqueles que xa teñan os méritos, mantendose aberto ata finais de xaneiro, para aqueles outros que non os posúan e poidan acadalos ata o 31/12/2022. Con esto ganaríamos tempo e o pagamento seria dende principios de ano, e non como se fixo no 2020 e está a facer agora que levan case un ano de retraso no recoñecemento e no pago.

11.- Pedimos eliminar a Base Décima, que lles permite aumentar os anos de permanencia en cada grao e/ou reducir o porcentaxe dos cartos determindos en cada anualidade se por motivos non previstos resultase aumentado o ámbito subxectivo, e decir as persoas con dereito ao cobro da traxectoria, de xeito que se incremente o custo. Como non ten desperdicio deixamos a Base na súa literalidade.“Coa finalidade de garantir a suficiencia e a sustentabilidade orzamentaria, no suposto que mediante circunstancias non previstas no presente acordo resulte ampliado o seu ámbito subxectivo, de xeito que se incremente o custo da impalnntacion do sistema transistorio de recoñecemento na carreira administrativa, poderán modificarse as anualidades e/ou as porcentaxes de pagamento previtos na base oitava.”

borrador acordo traxectoria profesional

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras