lunes, 24 de octubre de 2022

Respostas da DXX á mudanza a nova Cidade da Xustiza de Vigo

O vindeiro luns 24 de Outubro iníciase o traslado á Cidade da Xustiza de Vigo. Trasladaranse máis de 400 funcionarios en aproximadamente seis meses. Máis dalgún imprevisto xurdirá durante este tempo. Algún xa se albisca no horizonte e desde STAJ pensamos que se podería pensar en poñer remedio sen esperar a que se agrave a situación.
Para remédialo mandamos email a DXX e o Servizo de Xustiza de Vigo con unha serie de cuestións das cales xa nos deron contestación.

ARQUIVOS.

Confírmase o sistema de valixa para todos aqueles asuntos que non poidan ser desplazados o novo edificio xudicial.
A DXX espera que o sistema esté operativo ao principio do trasladado dos xulgados de primeira instancia.

CORREOS.

Están organizando con Correos a recepción e entrega da correspondencia. Os paquetes que chegan a rúa Lalín trasladranse por valixa a nova sede xudicial.

SERVICIO COMÚN DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS.

Continuará o servicio de atención permanente na rúa Lalín ata a finalización do proceso de traslado. Non se disporá de atención provisional na Cidade da Xustiza.

INFORMÁTICA.

Segundo o cronograma facilitado pola DXX todos os órganos xudiciais xa contan cunha data de mudanza, así como unha sala de vistas asignada.  Non figuran no programa as novas salas e iso é imprescindible para poder enlazar Minerva con Fidelios e así proceder á súa gravación. 
Solicitamos á Dirección Xeral que axilice o procedimento informático para poder introducir os novos sinalamentos nas salas que corresponden na Cidade da Xustiza e así non ter que con posterioridade modificar o acto de sinalamento.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras