Acábase de publicar na intranet de xustiza a seguinte noticia:
Hoxe as 17:00h instálase a versión do Punto Neutro Xudicial
con dobre factor de autenticación, a través dun código que
recibirás no teu correo electrónico corporativo. Esta novidade afecta
a LAX e persoas funcionarias dos xulgados con alta no PNX, con
correo corporativo. O cambio NON afecta a xuíces e maxistrados con
dominio @poderjudicial.es.
Cando te autentiques no
Punto Neutro Xudicial, recibirás un correo electrónico co teu código dun
só uso para que o introduzas na páxina. Unicamente volverás a necesitar outro
código se a sesión caduca e tes que volver a autenticarte. Non será necesario
que introduzas un código cada vez que realices unha consulta.
Se non recibes o código,
recomendámosche que revises a carpeta de spam. O remitente do
correo é o seguinte: no-reply@poderjudicial.es