jueves, 20 de octubre de 2022

Informacións de interese.

Hoxe tivemos unha reunión da Mesa Sectorial de Xustiza para tratar a traxectoria profesional, mañan enviaremos nota informativa co que deu de sí está reunión no que respecta á traxectoria profesional, pero agora queremos deixarvos varias informacións de temas de interese que se nos proporcionaron na Mesa de negociación:

.- Actualización CAT: Tal como xa nos habían comunicado, hoxe confirmaronnos que na nómina de novembro vira o pago dos atrasos que pola a actualización do CAT se lles debe pagar a Médicos Forenses (63,02 euros mes) e Xestores (22´90 euros mes) con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2022.

.- Modificacion da RPTs das Fiscalías: Xa hai informe favorable do CXPX e en breve contan que se leve a cabo esa modificación.

.- Cidade da Xustiza Vigo: Comenza o traslado o día 24 de outubro. Pediuse uotra vez unha visita dos representantes dos traballadores previa a ocupación. O parking tera a entrada e a salida por sitios distintos e as tarxetas de acceso tardaran algún tempo en repartirse, pero poderase acceder ao parking segun vaian chegando os funcionarios dos primeiros xulgados.

.- Obras no edificio vello de Pontevedra: En breve comenzan as obras na planta onde se ubica o Decanato para acondiciónalo para o Imelga. O Decanato baixará onde se atopa a antiga sede do rexistro civil. Durante o ano que ven se remataran as obras onde hoxe esta o Imelga, coa ampliación das dependencias  do Xulgado de Garda, creándose, entre outras cousas, unha sala de vistas para este órgano.

.- Oposicións quenda libre en Galicia: Crearanse tres tribunais delegados, un para cada corpo respecto dos procesos selectivos das OPEs 20-21-22 da quenda libre, nas que se convocan 97 prazas de xestión, 103 de tramitación e 65 de auxilio.

.- Plazas de Auxilio que cumpren os criterior para ser ofrecidas a concurso de méritos por aplicación da ley de estabilización: Esas prazas son as dos xulgados de Ribeira nº2, a Fonsagrada nº1 e o SCNE de Pontevedra: Estas prazas  solo se contabilizan a eses efectos, pode ser que non sexan ocupadas realmente por ese sistema e sexan outras que agora estén desertas.

.- Ordenadores portátiles: Teñen 1.700 dos cales 700 van para a Cidade da Xustiza de Vigo, entendemos que para os funcionarios, xuices, fiscais, letrados, distinto persoal da Xunta e para as salas de vistas. As restantes 1.000 unidades se repartirán entre quen estea teletraballando, aínda non teñen un criterio definiftivo de reparto formado nin saben a data que empezará ese reparto.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras