martes, 25 de octubre de 2022

Implantación da subida salarial adicional acordada para este ano

Desde a Consellería de Facenda e Administración Pública confirman que os funcionarios cobrarán antes de final deste ano a compensación pola subida do IPC, o que supón o incremento do 1,5%, tal é como confirma o conselleiro Miguel Corgos. 

Será preciso previamente, aprobar unha lei para traspoñer a normativa estatal á galega, algo que se fará pola vía da lectura única no Parlamento para aprobala rapidamente. A idea é presentala no mes de novembro para aplicala antes de que finalice o ano, polo que o reflexo na nómina podería ser en decembro.

Fonte, Voz de Galicia.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras