jueves, 20 de octubre de 2022

Convocatoria Curso de Reforzo do AXE

Na Intranet publícase que o vindeiro martes 25 de outubro ábrese unha nova convocatoria da actividade Curso de Reforzo da AXE 2022 (en liña) na Plataforma de Teleformación de Xustiza, destinada a todas aquelas persoas que non puideron realizala na edición asignada ao seu órgano.

A actividade, que comeza o día 25/10/2022 en formato de automatrícula, terá unha duración de 17 días naturais. Para realizar o proceso de automatriculación será preciso introducir unha chave que se enviará mediante correo electrónico ao órgano o día anterior de que comece a actividade (24/10/2022). 

Podes acceder ao curso e automatricularte, o martes 25 de outubro, a través desta ligazón.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras