Achegamos literalmente a nota informativa que por parte da DXX nos envia mediante correo electrónico, sobre a suspensión e
renuncias á bolsa de persoal interino que se publicará na
intranet de xustiza e mais na web da consellería.
Unha vez entren en vigor as novas
listaxes de persoal interino convocadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2022,
as bolsas anteriores quedarán automaticamente anuladas de conformidade coa disposición
transitoria segunda da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento
de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais
ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Aquelas persoas interesadas en
quedar en situación de suspensión de chamamentos conforme o establecido no artigo
16 da Orde poden cursar a dita solicitude coa documentación acreditativa
necesaria a partir de hoxe, e ata cinco días hábiles tras a publicación
das listaxes, por correo electrónico ante a xefatura territorial
correspondente. A suspensión terá efectos dende a entrada en vigor das novas
bolsas.
Recórdase que o persoal interino que
estaba en situación de suspensión temporal nas anteriores bolsas deberán solicitar
novamente a suspensión xa que non pasarán a esta situación de forma automática.
En relación ás renuncias, todas aquelas
persoas que presenten a renuncia, tanto sexan in- tegrantes das bolsas actuais como
persoal procedente do SPEG, antes da entrada en vigor das novas bolsas, serán expulsadas
das anteriores sen que isto afecte á súa situación nas bolsas novas.
A renuncia presentada unha vez entren
en vigor as novas bolsas suporá en todo caso a exctusión nestas.
Por último, en relación ao proceso
iniciado para a elección de bolsa, cómpre ter en conta que o persoal que integra
as listas de baremados, unha vez cesen no posto de traballo para o que sexan
chamados, volverán ao mesmo posto que ocupaban na lista con independencia do
tempo traballado.
A continuación facilítase a información de contacto coas xefaturas
territoriais: