Recibimos
email da DXX no que se nos recorda o seguinte:
O día 9 de setembro finaliza o prazo para a elección de
bolsa. Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas tanto en
bolsa como baremadas sen bolsa en distintos corpos, ou en varias
provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen
quedar. Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas
solicitudes.
A elección deberá realizarse
telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na
aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de
xeito electrónico a través da OPAX. Non
será válida unha elección de bolsa en estado borrador.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras