martes, 13 de septiembre de 2022

Publicación listaxes definitivas persoal interino xustiza

Segundo acaba de confirmar o sindicato STAJ nas diferentes delegacións provinciais, entre hoxe e mañá publicaranse as novas listaxes definitivas de persoal interino.
A Dirección Xeral de Xustiza aprobará as bolsas definitivas de persoas seleccionadas para cada corpo e provincia, ordenadas por puntuación, que se publicarán na páxina web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e na intranet de Xustiza.

Unha vez que entren en vigor as novas listaxes de persoal interino convocadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2022, as bolsas anteriores quedarán automaticamente anuladas, de conformidade coa disposición transitoria segunda da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre a selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

IMPORTANTE: OS CHAMAMENTOS REALIZADOS A PARTIR DESTA SEMANA SERÁN POLA NOVA BOLSA QUE ENTRA EN VIGOR.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras