viernes, 9 de septiembre de 2022

COMISIÓN ACCIÓN SOCIAL 2022: Listaxes provisionais

Na Comisión de Acción Social 2022 celebrada no día de hoxe, aprobáronse as listaxes provisionais quedando repartidas da seguinte maneira:

-143 solicitudes presentadas, correspondentes a 153 beneficiarios, sendo 8 solicitudes dobres e unha tripla.

-135 concedidas provisionalmente e correspondentes a 145 beneficiarios.

-8 denegadas provisionalmente e correspondentes a 8 beneficiarios.

A intención da DXX e publicar a RESOLUCION das listaxes provisionais no DOG nos vindeiros días. Cada interesado deberá comprobar a súa inclusión a través da OPAX.

As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.

Así mesmo estímase que o pago se realice antes de finalizar o ano 2022.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras