martes, 12 de julio de 2022

STAJ reúnese co novo Director Xeral de Xustiza

Onte STAJ reuniuse co novo Director Xeral de Xustiza D. José Tronchoni Albert co fin de trasladarlle a nosa colaboración para tratar os temas de maior interes para ao noso colectivo, intercambiar impresións sobre as diversas problemáticas do sector e convidalo a que se aborde de xeito inmediato a súa solución negociada. Deixamos algunhas das cousas que nos trasladou sobre os seguintes materias:

- EXPEDIENTE DIXITAL: Aclarou que no se trata dun expediente electrónico puro, quixo distinguir entre expediente dixital ( no que pode seguir existido o formato papel e hai que dixitalizar ) e expediente electrónico ( no que xa non hai papel de ningún xeito), o que ven en octubre  e o primeriro deles, polo que pode ser que existen xulgados sen papel e outros traballando aínda con él, o segundo  implementarase cando chegue a nova oficina xudicial. 

Dixo que o soporte papel vai a seguir coexistindo nos xulgados galegos, e que non e certo que dende a Xunta xa non se mande papel aos xulgados, o único que a partires do 3 de outubro xa que saiu unha nova instrucción do Secretario de Goberno retrasando do 1 de setembro ao 3 de outubro, como pediu STAJ o inicio do expediente dixital, aínda que a efectos internos se pode formar os autos en papel, a partires de esa data todo o que entre ou se xenere en papel tense que dixitalizar e non se pode arquivar ningún expediente en papel nin elevar a Audiencia nin a outros tribunais máis que en formato dixital. Como non vai ser expediente electrónico, non ve necesario ningún tipo de formación aos funcionarios/as, nin está previsto de momento aumentar os medios técnicos e melloras as aplicacións, ámbalas cousas pedidas recentemente por STAJ, si se mostrou dacordo en pedir a AMTEGA que reforce o persoal técnico presencial nos xulgados para que solucionen as multiples incidencias que sufren os equipos tódolos días, tal como lle solicitamos.

- QUEIXA SOBRE A MAL FUNCIONAMENTO DO C.A.U.: Dende hai tempo o mal funcionamento da axencia AMTEGA e en concreto do Centro de Atención ao Usuario (CAU) é deficitario, tardío e ineficiente, pola grave falta de persoal técnico deste organismo, que redunda en esperas interminables ao telefono en un servizo lento, así o manifestamos dende STAJ en diversos escritos que lle diriximos ao propio CAU e a AMTEGA e así mesmo llo transmitimos o Director Xeral, que nos informa que lle constan, que existen moitas queixas ao respecto, pero tamén nos indica que esta axencia non é da súa competencia, pero que fai súa a queixa e intentar n o posible arranxar ese problema.

- RETRIBUCIÓN DAS HORAS FORA DA XORNADA LABORAL NOS XULGADOS DE VIOLENCIA  E NOS DE GARDA: Ademais da grande carga de traballo que soportan, de todos é sabido que nos xulgados de VXM, en todos, os compañeiros/as vense obrigadas/os a realizar moitas horas que están fora do seu horario, afectando a súa conciliación familiar e a súa vida persoal, por eso STAJ solicitoulle, outra vez mais, un aumento de persoal neses xulgados e a retribución de esas horas que deban facer despois do horario ordinario como horas extras, como se pagaron as horas na recuperación do traballo na folga. Cremos que tamén se deben pagar deste xeito as horas feitas a maiores do horario establecido nas gardas de permanencia e cando teñan que acudir ao xulgado os que fan garda de dispoñibilidade. O Director Xeral coincidiu conosco na necesidade de artellar un instrumento para o pago destas horas e quedou en estudiar a nosa proposta.

- DECANATOS, SERVICIOS DE COMÚNS DE REXISTRO E REPARTICIÓN E SERVIZOS DE APOIOS: Pedímoslle que naquelas cidades onde se crearon os Servizos Comúns de Rexistro e Repartición (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo) se diferencie ben as prazas do Decanato, das dos Servicios Comúns de Rexistro e as do Servizo de Apoio, xa ue cada unha destas oficinas ten funcións distintas e diferenciadas e debe ser a DXX quen deixe claro que prazas estan afectas a cada servizo e non estar ao que cada Xuíz Decano determine de xeito particular e as veces caprichoso.

- PROTOCOLO DE ACOSO LABORAL: dende STAJ pedimos o impulso do protocolo, levamos dende o año 2016 con este tema, despois do requirimentos deste sindicato e da Valedora do Pobo a Administración non tivo mais remedio que elaborar un borrador, pero xa pasaron mais de 6 meses e quedou a cousa parada, o Director Xeral comprometeuse a mover o tema.

- LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA. Esta Lei que crea os Tribunas de Instancia e as Oficinas de Xustiza no Municipio e implanta de xeito xeralizado a Nova Oficina Xudicial, esta no Congreso para a súa posible aprobación antes de finais de ano e foi aprobada por a Conferencia Sectorial de Xustiza (Ministerio e CCAA con competencias en Xustiza) sen nengún voto en contra . Transmitiunos o Sr. Tronchoni que está moi a favor do proxecto da nova Lei, que están pendentes da súa implantación por parte do Ministerio, xa que este vai fixar as bases para que sexa unha oficina de estrutura unitaria, deixando as CCAA que a xestionen con maior flexibilidade.

- REXISTRO CIVIL: A súa implantación vai ser rápida (calcula que en outubro o novembro o sistema DICIREG estará en pleno funcionamento nos R. C. Exclusivos de A Coruña e Vigo), decláranos que os Rexistro Civiles van salir dos Xulgados e as funcións do encargado vanas realizar os Letradas/os da Administración de Xustiza, salvo caso Vigo que será unha Maxistrada. En relación a ubicación do Rexistro Civil exclusivo de A Coruña, manifestou que non ve a necesidade de traslado a fábrica de tabacos, xa que o edificio no que está actualmente parecelle a aceptable no seu diseño e no seu espazo. En cuanto ao Rexistro Civil exclusivo de Vigo, vaise ubicar onde está o actual Servizo Común de Notificacións e Embargos, resolvendo tamén a problemática dos libros acondicionando un local ao lado do Rexistro.

- TRAXECTORIA PROFESIONAL: Informa que está todo negociándose e decidíndose na Dirección Xeral de Función Pública de xeito paralelo a Carreira Profesional da Xunta, que a Dirección Xeral de Xustiza ata o momento non interviu en nada, que non sabe si de Función Publica sairá todo decidido ou haberá algunha cousa que deixen se decida na Dirección Xeral de Xustiza, que lle consta que hai avances na negociación, pero no ten información oficial de nada de momento. Se como se fixo en anteriores ocasións, a Resolución de Funcion Pública debe ser confirmada na Mesa Sectorial de Xustiza, pensa que ata o outono non se abrirá o prazo pertinente para solicitar o grao correspondente.

- CLÁUSULA DE REVISIÓN: (Xestores/Médicos Forenses). Atopouse coa sorpresa que está todo moi parado neste tema, que nin a Secretaría Xeral Técnica sabía nada, que foi él quen lle informou, fai uns días deste tema, e lle pediu que empezase o trámite para poder cobrar con efectos retroactivos a data de 01/01/2022, o problema é que non aparecer aprobado nos presupostos do ano 2022, nin reflexado na Intrucción de Confección de Nominas deste ano, vai ter un trámite administrativo mais longo e, polo tanto, non vai ser fácil  cobralo antes de finais de ano ou primeirios do ano que ven.

- GARDAS DE 24 HORAS EN VIGO E A CORUÑA: Maniféstanos que o ten claro, que polo momento non encontrou ningún motivo nin necesidade para acordar a realización de ditas gardas, só existen catro partidos xudiciais en España con oito xulgados: A Coruña, Vigo, Córdoba, las Palmas.  dixo que polo índice de asuntos que entran nos xulgados de Vigo e Coruña non ten sentido crear uns xulgados de 24 horas, xa que según eles a carga de traballo e moi inferior que nas outra dúas cidades. Que a medida custaría ao redor de 1.700.000 euros mais do actual coste. Que se podía repensar cando entren en funcionamento os tribunais de instancia e a nova oficina xudicial.

- TELETRABALLO: Confirma que o teletraballo veu para quedarse, que xa teñen 1700 ordenadores portátiles para repartir entre Xestores e Tramitadores. Non sabe onde están eses ordenadores fisicamente, cre que os ten AMTEGA ,que non sabe nin como nin cando será o reparto, pero pode ser ao longo do outono.

- Tamén lle explicamos que era convinte unha actualización da normativa sobre o horario, xornada laboral, vacacións, permisos e licencias, ao que se mostrou conforme. Houbo outros temas que lle plantexamos nos que quixo informarse ben antes de darnos o seu parecer e de trasladarnos certos datos que lle pedimos, e quedou de enviarnos en breve a súa reposta aos problemas plantexados e os datos solicitados por STAJ.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras