jueves, 16 de junio de 2022

Migración da información de SIRAX1 a SIRAX2 o 24/06/2022

Publicado na Intranet

O vindeiro 24 de xuño comezará a migración da información de SIRAX 1 ao novo sistema SIRAX 2, e cuxa data de finalización será o 27. A migración afectará aos seguintes rexistros:

Rexistro Central de Medidas Cautelares, Requisitorias ou Sentenzas non Firmes.

Rexistro Central para a Protección das Vítimas de Violencia Doméstica.

Rexistro Central de Penados.

Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e Trata de Seres Humanos.

Debes ter en conta o seguinte:

A ligazón de acceso a SIRAX 2 é: https://siraj2.justicia.es

Recoméndase o acceso por medio de Certificado Electrónico. Cando se careza do mesmo, a autenticación realizarase automaticamente contra o Repositorio de Xestión de Usuarios (XDU):

O usuario de SIRAX 2 será o DNI coa letra maiúscula (Ej: 12345678Z).

O contrasinal será o mesmo que esteas a empregar en Ainoa ou outras aplicacións do Ministerio que fagan uso do XDU. Só no caso de non dispoñer do contrasinal anterior de XDU, deberás utilizar o de SIRAJ 1 (a de Penados)

Se tes problemas de acceso, lembra contactar co Centro de Atención a Persoas Usuarias para restablecer o teu contrasinal. 

A partir do 20 de xuño, poderás confirmar que o teu usuario é valido en XDU indentificándote en SIRAX2, e comprobando que aparece a pantalla inicial coa cabeceira.

O traballo coa aplicación só se poderá realizar a partir da posta en producción o 27 de xuño.

IMPORTANTE: A partir do  27 de xuño, os Rexistros de SIRAX1 (https://rrjj.justicia.eshttps://siraj.justicia.es e https://rcpyr.justicia.es), manteranse en modo consulta para letrados/as e persoal de oficina, podendo acceder aos mesmos por medio do navegador Microsoft EDGE, habilitando o modo "Compatibilidade con IE5".

 STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras