Hoxe publícase no DOG a ORDE do 1 de xuño de
2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema
de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes.
Anunciar a convocatoria para cubrir, polo
sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I
desta orde que son os seguintes:
Código do
posto: PR.C99.00.000.15350.002.
Denominación do posto: secretario/a delegado/a territorial.
Subgrupo: C1-C2.
Nivel: 18.
Complemento específico: 7.201,18 euros.
Corpo ou escala: xeral.
Adscrición admóns. públ.: A11 (adscrición indistinta a funcionarios
da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA).
Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración,
curso de perfeccionamento de galego) (R.I.).
Observacións: apoio ao/á secretario/a territorial.
Dependencia: Delegación Territorial de Ferrol.
Localidade: Ferrol.
Código do posto:
PR.C99.00.000.15350.010
Denominación do posto: secretario/a territorial.
Subgrupo: A1.
Nivel: 30.
Complemento específico: 23.486,68 euros.
Corpo ou escala: xeral/especial.
Adscrición admóns. públ.: A12 (adscrición indistinta a
funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local), A13
(adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e
Administración de xustiza).
Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración,
curso de perfeccionamento de galego) (R.I.).
Dependencia: Delegación Territorial de Ferrol.
Localidade: Ferrol.