miércoles, 25 de mayo de 2022

EGAP - Convocatoria extraordinaria: actividades de formación continua

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCION do 24 de Maio de 2022 pola que se convocan, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional, e para persoal da Administración de Xustiza para cada un dos casos que se especifica no anexo II: (Igualdade e violencia de xénero, Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios e Portal de Idiomas) 

Solicitudes:

1. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 3 de xuño de 2022.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo área matrícula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 

3.- As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas).

 MAIS INFORMACIÓN E RELACIÓN DE CURSOS-VER ANEXO II

Aquí podes ver todos os cursos

    STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras