No ano 2016 implantouse por
parte da Dirección Xeral de Xuztiza na OPAX o chamado Expediente Persoal Electrónico, que consideramos
unha ferramenta válida donde deben constar todos os datos do funcionario
público actualizados, sendo de moita utilidade a hora de solicitudes, concursos
de traslado, substitucións, traxectoria profesional,etc, pois si os datos que figuran están
actualizados e son correctos, aforraríamos ter que presentar títulos,
certificados, diplomas, etc.
O STAJ enviou xa entón un escrito dirixido á DXX pedindo a actualización
e a inclusión de novos datos, unha das opcións de OPAX, pedindo que figurase o
escalafón actualizado e que levase a cabo a actualización de todos aqueles
datos que fosen modificados a instancia do funcionario/a.
Novamente volvemos reiterar a
solicitude de actualización do expediente pesoal electrónico dadas as numerosas
queixas que estamos a recibir por parte do persoal de xustiza. Constatamos que
non se procedeu á actualización dos cursos realizados e tampouco a titulación.
A día de hoxe estamos
pendentes por parte da DXX da apertura dunha nova convocatoria para solicitar a
traxectoria profesional e son múltiples as peticións que nos chegan para que os
cursos que figuran no expediente persoal electrónico sexan os correctos, e así
poder controlar ou ter unha previsión dos mesmos.
Desde este sindicato e dadas
as queixas dos funcionarios, vistos varios expedientes persoales electrónicos
pudemos detectar que existen innumerables erros e sobre todo ausencia de datos en moitos apartados, entre os máis comúns podemos
enumerar os seguintes:
TITULACIÓN.- A
titulación do funcionario non se corresponde coa actual.
CURSOS.- No
apartado de cursos, ou non constan, ou aparecen duplicados, ou só constan
algúns dos realizados, incluídos os de galego.
Por este motivo dende STAJ,
solicitamos a Direccion Xeral de Xustiza:
Que
urxentemente se proceda a á corrección e actualización e publicación correcta
de todos os datos que a Administración de Xustiza posúe e que deben figurar no
noso expediente persoal electrónico, expediente que debe estar
actualizado en cada momento, sendo moi necesario para ter un control obxectivo
dos cursos obtidos, horas e datas, dada a inminente convocatoria da Traxectoria
Profesional.