viernes, 18 de marzo de 2022

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

Hoxe empeza o prazo para pedir o curso de PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS nivel básico.

Modalidade: teleformación.
Duración: 60 horas por edición.
Edicións: tres.
Datas: do 19 de abril ao 17 de xuño de 2022.
Proba final: o día 17 de xuño ás 10.00 horas.

Preme aquí para acceder á convocatoria no DOG

Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas de hoxe ata as 23.55 horas do día 27 de marzo de 2022.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 53, 981 54 63 35 e 981 54 62 57 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras