viernes, 18 de marzo de 2022

Convocatoria de cursos en materia de igualdade e violencia de xénero

Hoxe publícase no DOG resolución pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza, entre outros da Comunidade Autónoma de Galicia. 


O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Máximo de solicitudes: tres

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras