miércoles, 30 de marzo de 2022

Convocatoria de Comisións de Servizo

No día de hoxe publicase a Resolución do 30 de marzo de 2022-comisions-servizo, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

Solicitantes: Persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover. O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estean desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de 6 meses na comisión de servizos ou substitución respectiva. Persoal funcionario con destino definitivo en calquera ámbito territorial.

Prazo de presentación de solicitudes:  5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. En tanto non se habiliten a presentación a través da OPAX, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, conforme o modelo que se inclúe como Anexo II. 
Para a remisión de dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal onde está dispoñible o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, e para a súa presentación poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).


  



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras