De acordo coa normativa
reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira
dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando
efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións
verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia
determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola
necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados
por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme a Resolución da DXX dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles (11,14 e 15 de febreiro de 2022).