viernes, 11 de febrero de 2022

STAJ solicita a ampliación dos cursos de linguaxe xurídico galego para funcionarios destinados fóra de Galicia


STAJ
acaba de remitir escrito dirixido á Directora da Escola Galega de Administración Pública, (EGAP), xa que todos os funcionarios de xustiza somos conscientes da importancia dos cursos de linguaxe xurídico galego para ter opcións nos concursos de traslado de cara a obter unha praza na CCAA Galega.

STAJ en todas as comisión de formación do persoal sempre  deixou claro que a cantidade de cursos de linguaxe xurídico que se convocan son claramente insuficientes. 

STAJ sempre defendeu a ampliación do número de prazas  para a realización dos cursos de linguaxe xurídica galega. 

É de todos sabido que estes cursos convértense de facto en imprescindibles, dada a puntuación otorgada por posuír estes cursos nos concursos de traslados para os funcionarios de xustiza destinados fóra da Comunidade Autónoma Galega e que queran voltar a  súa terra nos concursos de traslados.


Así pois STAJ presenta o siguiente escrito, solicitando a ampliación dos cursos de galego medio e superior para funcionarios destinados fóra de Galicia, ou no seu defecto que permita a solicitude tantos destes cursos coma dos cursos de linguaxe administrativa galega, xa que son equivalentes aos cursos de linguaxe xurídico galego.


Xustificante

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras