STAJ pediu á Dirección Xeral de Xustiza que se oferten todalas prazas que en Galicia tivesen a consideracion de desertas, tanto neste concurso como en tódolos anteriores, aos aspirantes do Corpo de Auxilio Xudicial que superen o proceso selectivo 2017-2018, tal e como a normativa vixente exixe para que esas prazas non ofertadas, non corran o risco de ser extraídas de próximos procesos selectivos para a súa consolidación mediante concurso de méritos puro, cousa que determina a Lei 20/21. Lei que Staj Galicia nin pediu, nin apoia, nin defende por vulnerar o principio de igualdade.
Esperamos que a Dirección Xeral non agoche ningunha das prazas que nestes momentos hai en Galicia de Auxilio, que xa foron ofrecidas en concurso de traslado e non foron cubertas mediante esa forma de provisión, o contrario, sería facilitar a aplicación dunha Lei que permite o acceso a un emprego público de xeito directo e sin oposición.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras