viernes, 18 de febrero de 2022

STAJ pide que se fagan publicos os "codigos do posto " que se lle adxudican aos que se moven no concurso.

Agora que están a punto de adxudicarse definitivamente as prazas do concurso de traslados, e sabendo que a  cada persoa que se move no concurso o Ministerio de Xustiza lle otorga un número ou código da praza que vai ocupar dentro do órgano no que obtivo prazas definitiva, consideramos que se debe transmitir pola Administración una sensación máis evidente de transparencia. 

O persoal afectado polo concurso necesita saber con antelación ás tomas de posesión que persoa cesa, con anterioridade a outras, no caso  da incorporación de máis dun funcionario/a do mesmo corpo a un mesmo xulgado. Sabemos que o momento da incorporación das perosas que se moven no concurso pode variar ben sexa por o reingreso dunha persoa a un determindo corpo, que toman posesión  con anterioriade e  cando se da no memso xulgado que uns veñen de destinos ubicados na mesma localidade, con outros que veñen doutra localidade de Galicia, xunto con outros cuio destino estaba  fora de Galicia, determinando a localidade de orixe que uns ceses antes que outros, e incluso, en determinados supostos que uns cesen e outros non.

Tódolos anos hai entre os funcionarios desconfianzas co xeito de xestionar este tema pola Administración alimentadas pola falta de transparencia e claridade no proceso de adxudicación, pero tamén na falta de  divulgación e de información directa aos interesados que descoñecen eses códigos e cal deles se lles asignou, tanto os que se moven no concurso como aqueles que por ese movemento deben cesar.

Dependendo do código da  persoa que chegue e do momento da súa toma de posesión, hai titulares que obtiveron tamén praza no concurso, que deben cesar antes do disposto no BOE, e sí ademáis hai nese xulgado substitutos e interinos afectados, a cousa complicase, pois esa persoa que chega con anterioridade determina as veces que uns cesen nas substitución ou na interinidade moito antes que outros, incluso que cesen uns e outros non, cando solo de cubren unha parte das postos que deixaron os que se foron no concurso dese xulgado, oficina  ou servizo.

Esa incertidume debe rematar canto antes, e dende STAJ solicitamos a Direccción Xeral de Xustiza, en aras de esa necesaria transparencia:

 .- Que se publiquen eses códigos cos nomes da persoas  afectadas, tanto das que se moven no concurso como das que se ven afectadas, pola toma de posesión das prazas adxudicadas.

.- Que se informe a cada interesado, tan pronto se coñezca, de como lle afecta as tomas de posesión por mor do concurso no seu xulgado, oficina ou servizo, indicando a persoa que ven a acupar a súa praza concreta.

.- Que se nos informe tamén aos sindicatos de todo o anterior.

Ver xustificante de presentación da solicitude