Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN
do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a
Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre
funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Esta modificación elimina o requisto de levar seis meses no posto de traballo desde o que se participe na substitución, pero solo para os casos de que se reincorpore o titular do posto ou se cese na substitución por cambio do motivo da mesma. Para os demais supostos, como os que cambian de posto por mor do concurso de trasalado, deben esperar seis meses para poder optar a unha substitución.
Modifícase a Resolución do 7 de
maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as
substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en
Galicia, nos seguintes termos:
Primeiro. O artigo cuarto queda redactado como
segue:
«Cuarto. Requisitos dos solicitantes
1. Poderán solicitar as
substitucións, con exención de funcións nos seus postos, os funcionarios de
carreira dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino
en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estean en situación
de activo, prestando efectivamente servizos en xulgados, tribunais, fiscalías
ou outros órganos da Administración de xustiza, e leven un mínimo de seis meses
continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria, ben
sexa con carácter definitivo, ben provisional.
2. No caso das substitucións verticais, para
ser nomeado substituto no corpo inmediatamente superior será preciso estar en
situación de servizo activo nun posto de traballo dalgún dos centros de destino
a que se refire o anterior parágrafo e estar en posesión da titulación
académica exixida para acceder ao posto superior que é obxecto de substitución.
3. No caso de persoas que cesen
nunha substitución por incorporación do/da titular ou remate da causa que a
motivou, non será exixible que leven un mínimo de seis meses continuados no
posto de traballo desde o cal participan na convocatoria».
Disposición derradeira única.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.