martes, 1 de febrero de 2022

EGAP: Plan formativo ofimático de Galicia 2022

No DOG de hoxe faise pública a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, que a seguir se relacionan:

👉Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).

👉Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).

👉Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

👉Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).

👉Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

👉Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).

👉Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).

👉Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).

👉Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9).

👉Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).

Solicitudes:  O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Forma de presentación: Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 

Número máximo de actividades:  limítase a tres. 

Motivo exclusión: Aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

Para máis información preme aqui RESOLUCIÓN DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras