martes, 1 de febrero de 2022

Campaña da vixilancia periódica da saúde 2022

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade da campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2022 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia. 
Inscrición previa:  - De forma telemática. - Formulario de petición de recoñecemento, estará dispoñible no Opax-  A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude. -Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento, que se deberá  presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
Prazo de inscrición: rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais. 
Os resultados da vixilancia da saúde serán subscritos polo/a facultativo/a competente  e farase preferiblemente de forma telemática a cada traballador/a.
 
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras