Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN
do 24 de xaneiro de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos
laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta
allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención
de riscos laborais.
O prazo de presentación de
solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2022.
As solicitudes de participación
nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de
matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo
de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
Código: CV22013.
Área de coñecemento: coñecementos
transversais.
Nome do curso: prevención de riscos laborais. Nivel
básico. Issga.
Modalidade: teleformación.
Duración:
60 horas/edición.
Edicións: tres.
Datas:
do 9 de marzo ao 6 de maio de 2022.
Proba
final: o día 6 de maio, ás 10.00 horas.
Prazas: 100 por edición.