Despois de que STAJ, en solitario, leve máis de 6 anos pedindo, por activa e por pasiva, un protocolo fronte o acoso laboral na Adminsitración de Xustiza de Galicia, sendo na actualidade o único colectivo que non conta con este instrumento, despois de que lle pasásemos a Xunta un proxecto de protocolo para poder melloralo e negocialo no Comité de Seguridade e Saúde Laboral ou na propia Mesa Sectorial de Xustiza, despois de que se disen varios casos de acoso laboral sen que a Dirección Xeral e demáis Administracións interesadas (Ministerio de Xustiza, Fiscalía, Sala de Goberno do TSXG, Secretaria de Goberno, Secretarios Coordinadores, etc) fixesen nada, ou case nada, porque entre outras cousas decían que non tiñan ningún protocolo que seguir e que lle indicase como actuar e que medidas cautelares tomar, despois de que se presentase queixa pola inoperancia e o pasotismo da Dirección Xeral neste eido ante a Valedora do Pobo, despois de que esta institución requirise ao Director Xeral de Xustiza para que se dote, nun prazo breve, á Administración de Xustiza de un Protocolo desta natureza, que axilice o trámite, protexa as vítimas e regule un procedemento con actuacion conxunta e coordinada das diversas Administracións competentes, xa non pode a Xunta mirar para outro lado, e facer como si esto non fose con eles, agora deben, sí ou sí, elaborar un Protocolo fronte Acoso Laboral na Administración de Xustiza,. Xa eran horas!!.
Deixamos unha noticia publicada en praza.gal sobre a iniciativa da Valedora do Pobo pedindo a elaboración do protocolo á Xunta de Galicia.