martes, 11 de enero de 2022

STAJ INFORMA: este ano 2022 temos 12 días de asuntos propios ordinarios

No día de hoxe dende STAJ, percatámonos que no OPAX se nos asignaban 11 días de asuntos propios para o ano 2022, cando realmente temos dereito a 12 días. Esto é, porque o coincidir o 1 de xaneiro, o 24 de decembro e o 31 de decembro en sábado, a DXX debe compensarnos eses  días, declarados inhabiles, por días de asuntos propios.
 Puxémonos en contacto ca DXX e transmitímoslle a nosa interpretación, ao que nos manifestaron no día de hoxe que tiñamos razón, e que ao longo dos días procederán a cambiar no OPAX os días dispoñibles de asuntos propios, pasando dos 11 actuais aos 12 que nos corresponden.

A estos días habería que engadir os días que se obteñen ao cumprir o sexto trienio ( 2 días mais dos ordinarios), e o octavo trienio ( 3 días mais dos ordinarios) , e a partires de aí un día mais por cada trienio consolidado.

Cadro

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras